Workshop: «Xestión e computación de datos LIDAR»
LiDAR é un sistema que permite obter unha nube de puntos do terreo tomándoos mediante un escáner láser típicamente aerotransportado. A cantidade de información xerada por ditos sistemas é enorme e o seu tratamento é un reto actualmente. É un campo de crecente interese especialmente no desenvolvemento de aplicacións prácticas baseadas nesta información.
A rede TLIX (http://tlix.udc.es) está composta por un número de investigadores amplo e interdisciplinar que cobren todas e cada unha das fases implicadas no proceso: a obtención da información, o almacenamento desa información e o seu tratamento organizativo, a computabilidade no procesamento eficiente adaptado a diferentes sistemas de computación, e finalmente a visualización e interactividade do usuario final da aplicación práctica.
Neste workshop presentaranse algúns dos resultados acadados polos integrantes da rede e se presentará a conferencia titulada "RS: Qué puede revelar la unión de sensores LiDAR,térmico e hiperspectral" polo Dr. Juan Suárez da Northern Research Station de Edimburgo)
Máis información aquí
On-site event
/events/workshop-xestion-e-computacion-de-datos-lidar
events_en