2016
O CiTIUS consolídase coma unha das sete entidades acreditadas polo "Programa de axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia". Esta acreditación certifica ao CiTIUS como un dos centros líderes do sistema de investigación rexional.
2019
O Centro reorganiza a súa estrutura de dirección, coa posta en marcha dunha Dirección Científica a cargo do Prof. Dr. Senén Barro Ameneiro, apoiada por unha Dirección Adxunta a cargo do Prof. Dr. Paulo Félix Lamas, ata ese intre Director Comisiario. Ao mesmo tempo, o centro reorienta a súa especialización temática carón das Tecnoloxías Intelixentes, recoñecendo a focalización progresiva da actividade investigadora do Centro carón desta área. En decembro dese mesmo ano, o CiTIUS é recoñecido coma un dos oito Centros de Investigación de Galicia no marco do Programa de axudas para a acreditación, estuturación e mellora dos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, sendo o único centro no eido das Tecnoloxías Intelixentes.
2020
No mes de abril, a Prof. Dra. Paula López Martínez colle o relevo ao Prof. Dr. Paulo Félix Lamas na Dirección Adxunta do centro, despois de máis de dez anos de crecemento e consolidación do centro baixo a súa dirección.