
«Ao sol» (sesión XIV): ‘Culler de Pau, un proxecto vital e profesional’ | Convidado: Javier Olleros
O restaurante Culler de Pau, situado nun lugar privilexiado fronte á Ría de Arousa, é un centro de homenaxe gastronómico e paisaxístico á contorna. A cociña de Culler está profundamente conectada coa terra e co mar: emprega produtos de tempada e proximidade, grazas ao vínculo estreito cos produtores locais. En cada prato reflíctese un compromiso coa sustentabilidade e a estacionalidade, sendo esta unha filosofía que vai máis alá da gastronomía.
Esta sesión de Ao Sol virá da man do recoñecido chef Javier Olleros, alma mater de Culler de Pau. O seu compromiso coa contorna, coa tradición e coa calidade gastronómica levárono por unha traxectoria que reúne numerosos galardóns —como dúas Estrelas Michelin, a Estrela Verde Michelín de sostibilidade ou tres Soles Repsol, entre outros— e múltiples nominacións, destacando, en 2022, a súa nominación a The Best Chef of the World, unha lista que recolle ós 100 mellores cociñeiros do mundo. A charla permitirá coñecer de primeira man a visión dun dos chefs máis influíntes da gastronomía galega e internacional.
Evento presencial
/events/ao-sol-sesion-XIV-javier-olleros
events_gl