
Conferencia: 'Sistemas intelixentes para medicina personalizada'
Aínda que é amplamente coñecido que unha estratexia de “talla única” non é unha solución óptima, a práctica actual da atención médica a miúdo ignora os valores, preferencias e o contexto dos pacientes, o que leva a tratamentos que non se axustan ás súas realidades individuais. Neste contexto, o uso de sistemas intelixentes para apoiar a médicos e pacientes na toma de decisións compartida aparece como unha alternativa atractiva para mellorar a eficiencia e lograr xerar unha experiencia verdadeiramente personalizada. Este enfoque volveuse viable grazas á aparición de dispositivos móbiles capaces de xerar datos relacionados co estado de saúde dos pacientes, os recentes avances en intelixencia artificial e a súa integración no contexto dos chamados sistemas ciber-físicos, que permiten desenvolver unha solución personalizada para cada usuario. Nesta charla, discutiremos os desafíos e oportunidades dos sistemas intelixentes para abordar problemas abertos no coidado da saúde cun enfoque particular en dous das enfermidades crónicas máis prevalecentes: a diabetes e a hipertensión.
Sobre a relatora:
María Rodríguez é Enxeñeira Química pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou o seu doutoramento no IIM-CSIC, en Vigo. Despois de realizar estancias postdoutorais no Imperial College, London e na University of California Santa Barbara (UCSB), na actualidade é profesora asociada do Instituto de Enxeñería Biolóxica e Médica da Pontificia Universidade Católica de Chile. A Dra. Rodríguez é tamén directora do Proyecto Anillo titulado “Cyber-physical systems for personalized healthcare” e investigadora principal do Instituto Milenio iHealth.
Evento mixto
/events/conference-intelligent-systems-for-personalised-medicine
events_gl