
Conferencia: 'Surgimind: Segmentación de imaxes cirúrxicas mediante redes neuronais para a cirurxía do cancro de pulmón'
O obxectivo principal deste proxecto de investigación é desenvolver e avaliar un modelo baseado en IA que integre imaxes de vídeo intraoperatorias en tempo real con reconstrucións 3D preoperatorias de tomografías computarizadas pulmonares específicas de cada paciente, co fin de mellorar a identificación e visualización das estruturas anatómicas na cirurxía torácica, aumentar a precisión cirúrxica e reducir as complicacións intraoperatorias.
A conferencia enmarca no programa de actividades da 'Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión', liderada polo CiTIUS, e está dirixida a un público xeral con coñecementos básicos en ciencias da computación e intelixencia artificial.
Sobre o ponente
Antonio Rodríguez-Sánchez é actualmente profesor titular no grupo de Sistemas Intelixentes e Interactivos (IIS) do departamento de Informática da Universidade de Innsbruck (Austria). En 2010 completou o seu doutoramento no Centro de Investigación da Visión (Universidade de York, Toronto, Canadá) sobre o modelado da atención e as áreas intermedias da corteza visual, baixo a supervisión do profesor John K. Tsotsos (Canada Research Chair in Computational Vision). Os seus intereses de investigación actuais abrangue diferentes áreas da intelixencia artificial: neurociencia computacional, redes neuronais profundas, visión por computador, aprendizaxe automática e robótica.
Evento presencial
/events/conference-surgimind-surgical-image-segmentation-using-neural-networks-for-lung-cancer-surgery
events_gl