
Conferencia "A transformación do coñecemento científico en coñecemento aplicado"
Nos últimos tempos, os sistemas de avaliación investigadora teñen derivado na cuantificación dos artigos publicados e o prestixio do medio, desbancando a outros índices máis axeitados e completos. Isto deu lugar a un gran número de publicacións sen chegar a existir unha correlación coa transferencia desas investigacións á sociedade. O mesmo acontece coa xeración de patentes que non atopan a súa traslación á sociedade e industria.
Juan Luis Castro Peña, catedrático da Universidade de Granada e CEO de Virtual Solutions, reflexionará na súa intervención sobre o perigo de empregar índices de avaliación sesgados e optará por unha vía orientada á consecución de resultados nos tecidos produtivo e social.
Este relatorio abre o II Máster Universitario en Tecnoloxías da Información impartido polo CiTIUS e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).
Evento presencial
/events/conferencia-a-transformacion-do-conecemento-cientifico-en-conecemento-aplicado
events_gl