
Conferencia sobre «danceroom Spectroscopy»: Dinámica molecular cuántica acelerada sobre arquitecturas GPU
O investigador e profesor David Glowacki impartirá no CiTIUS unha conferencia sobre o novidoso sistema audiovisual interactivo que ven de presentar públicamente no Barbican Arts Centre de Londres, no marco das Olimpiadas Culturais 2012. O acto terá lugar o vindeiro martes 20 de novembro ás 12:00, e forma parte do programa de seminarios internacionais de Campus Vida «Frontiers in Science».
Natural de Milwaukee (EEUU) o profesor Glowacki traballa como docente e investigador post-doutoral no Reino Unido, na Universidade de Bristol. Malia a súa xuventude, ten publicado xa numerosos artigos en revistas científicas de prestixio coma o semanario Science, e desenvolveu este proxecto no laboratorio multidisciplinar Pervasive Media Studio.
Evento presencial
/events/conferencia-sobre-danceroom-spectroscopy-dinamica-molecular-cuantica-acelerada-sobre-arquitecturas-gpu
events_gl