
Conferencia "Xestión do tempo persoal"
A productividade é un dos conceptos máis empregados ultimamente en materia económica, e sempre asociado ao seu incremento. Para que isto se produza é clave a optimización do uso que se fai do tempo laboral, que debe ser máis eficaz e eficiente. Francisco Bellas, profesor do Departamento de Computación da Universidade da Coruña, reflexionará sobre os hábitos que conducen a un maior aproveitamento do tempo no traballo e cales ao efecto contrario, ofrecendo un conxunto de pautas para unha mellor organización do noso tempo, nos ámbitos laboral e persoal.
O contido íntegro desta presentación pódese obter descargando o documento adxunto.
Evento presencial
/events/conferencia-xestion-do-tempo-persoal
events_gl