
Defensa da tese «Optimización e caracterización eléctrica de módulos pv de tecnoloxía de lámina delgada de silicio amorfo»
Pablo Otero, investigador do centro e responsable de desenvolvemento do proceso PECVD na empresa T-Solar (Plasma Enhanced Chemical Vapor Deposition), presentará a súa tese de doutoramento o vindeiro luns 22 de xullo, ás 12:00, no salón de actos do CiTIUS.
Os resultados desta tese obtivéronse a partir do traballo realizado en mellorar a caracterización eléctrica dos módulos, así como en desenvolver ferramentas de simulación de células solares de a-Si:H optimizando asemade os procesos de fabricación.
«Deste xeito (apunta o investigador) obtivemos un incremento continuo na eficiencia estabilizada dos nosos módulos dende aproximadamente un 6 %, até un 7,3 % nos últimos anos. En módulos de I+D alcanzamos eficiencias do 7,95 %, o que equivale a unha potencia estabilizada de 455 W en módulos de 5,72 m2».
O autor subliña que «cómpre salientar que se logrou incrementar o throughput da liña dende os 17 paneis/hora no ano dispoñibles no ano 2009 até os 22 paneis/hora do ano 2012. Esta mellora no throughput*,* sumada á evolución da eficiencia dos módulos, deu lugar a unha mellora na capacidade de produción interanual da fábrica, dende os 33 MW até os 72 MW nos últimos catro anos».
Evento presencial
/events/defensa-da-tese-optimizacion-e-caracterizacion-electrica-de-modulos-pv-de-tecnoloxia-de-lamina-delgada-de-silicio-amorfo
events_gl