Defensa de Tese: «Approximate Syllogistic Reasoning: A Contribution to Inference Patterns and Use Cases»

Nesta tese de doutoramento proponse un novo modelo de siloxismo que permita incorporar parte da riqueza da linguaxe natural ao razoamento. O razoamento siloxístico caracterízase polo uso de oracións cuantificadas e o encadeamento entre termos. A proposta desta tese é modelar as oracións cuantificadas mediante a Teoría dos Cuantificadores Xeneralizados, o que nos permite tratar simultaneamente diferentes tipos de cuantificadores, e o proceso de inferencia en termos dun problema de optimización matemático, o que tamén nos permite abordar con máis tipos de argumentos que os dedutivos típicos.

Para o caso do encadeamento, consideramos o caso aproximado, propondo o uso da sinonimia, posto que é a relación de similitude semántica por excelencia. A partir dun thesaurus calculamos a similitude entre dous termos , e esta constitúe a base para determinar o grado de fiabilidade do argumento. Por último, analizamos novos casos para o siloxismo no ámbito do razoamento Bayesiano.