
Defensa de Tese: «Blanqueado adaptativo de escalas espacio-temporales como mecanismo computacional de atención visual dinámica»
Este traballo de investigación terá coma obxetivo o estudo de modelos de codificación visual temperá e o seu posterior emprego durante as fases de deseño e implementación dun modelo computacional eficiente de saliencia visual dinámica. Tamén se abordará a aplicación das técnicas desenroladas a problemas existentes na visión artificial, así coma as posibles melloras ou ampliacións en novos campos da visión.
Centrarase este traballo no estudo de mecanismos emerxentes de baixo nivel (bottom-up), a partir de características espaciais, temporais e de cor.
Estudarase como as características físicas das imaxes afectan á súa codificación, tanto a longo como a curto prazo, de forma que se logre unha adaptación eficiente ao conxunto de imaxes e á cada imaxe particular en cada momento. Esta adaptación estenderase ó caso dos vídeos nos que o contido das imaxes que se mostran cambia rapidamente. Estudarase tamén en que medida os mecanismos de adaptación poden dar conta da saliencia visual e de outros fenómenos de visión temperá no sistema visual humano.
A partir deste estudo procurarase un modelo computacional eficiente de mecanismos bottom-up directamente relacionados coa saliencia, capaz de superar os modelos do estado da arte en diferentes medidas de validación, moi especialmente na predición de fixacións oculares temperás en experimentos de observación libre de vídeos tomados tanto de esceas naturais coma de ambientes urbanos ou vídeos sintéticos
Finalmente estudaranse posibles aplicacións deste modelo, procurando que amosen as posibilidades e o interese dunha aproximación tan xenérica como a saliencia, e procurando tamén ampliar o campo de aplicacións xa aberto por outros modelos anteriores de atención visual dinámica.
Evento presencial
/events/defensa-de-tese-blanqueado-adaptativo-de-escalas-espacio-temporales-como-mecanismo-computacional-de-atencion-visual-dinamica
events_gl