
Defensa de tese: «Desenvolvemento de ferramentas para mellorar a eficiencia de células solares de silicio amorfo hidroxenado»
Co gallo de acadar o mellor coñecemento e eficiencia posible, o presente proxecto de tese estudia as células solares de capa fina de silicio amorfo hidroxenado (a-Si:H) mediante dous camiños: a simulación de dispositivos co emprego do simulador Sentaurus (desenvolvido pola compañía Synopsys) e a súa caracterización en tempo real. En particular, este traballo analiza os efectos negativos das resistencia serie e paralelo no rendemento das células e o uso de outros materias nas capas p e n das células.
Unha segunda vía explorada nesta tese consiste no deseño dun aparato de caracterización en tempo real das células, a través do desenvolvemento dun equipo de medida rápida de resposta espectral baseado no control electrónico dun grupo de LEDs que operan simultáneamente e son enfocados sobre unha pequena área da célula solar.
Evento presencial
/events/defensa-de-tese-desenvolvemento-de-ferramentas-para-mellorar-a-eficiencia-de-celulas-solares-de-silicio-amorfo-hidroxenado
events_gl