
Defensa de Tese: «Robots capaces de aprender e adaptarse ao ambiente a partir das súas propias experiencias»
O vindeiro xoves, 18 de xullo, o salón de actos do centro acollerá a lectura da tese de doutoramento «Robots capaces de aprender e adaptarse ao ambiente a partir das súas propias experiencias», redactada polo investigador do CiTIUS Pablo Quintía Vidal e dirixida polos profesores Roberto Iglesias Rodríguez e Carlos Vázquez Regueiro.
Entre os obxectivos recoñecidos no campo da robótica actual destaca a necesidade de robots adaptables, capaces de aprender do usuario ou da súa a propia experiencia. Esta adaptación debe estenderse durante toda a vida do robot, os éxitos e fracasos do robot deben permitir modificar o seu comportamento futuro. Neste sentido, o paradigma da aprendizaxe por reforzo é moi prometedor, na medida en que permite que un robot aprenda sen máis información que un reforzo extrínseco que indica cando as accións son correctas ou non.
Os algoritmos tradicionais de aprendizaxe por reforzo están limitados a simples comportamentos reactivos e raramente son aplicados para a aprendizaxe directa dun robot movéndose en ambientes reais. De feito, a aprendizaxe por reforzo adoita ser lenta e moitas veces esixe un proceso de exploración custoso. Ademais, o tempo de aprendizaxe aumenta exponencialmente co número de estados (situacións significativamente diferentes), que pode atopar o robot.
Para superar estas limitacións, nesta tese incidiuse en catro obxectivos principais:
a) Algoritmos máis interpretábeis.
b) Aprendizaxe simultánea de percepción e acción.
c) Redución do tempo de aprendizaxe a través da creación de comisións de aprendedores.
d) Determinación da relevancia sensorial.
Evento presencial
/events/defensa-de-tese-robots-capaces-de-aprender-e-adaptarse-ao-ambiente-a-partir-das-suas-propias-experiencias
events_gl