
Ciencia Singular 2023
Chega a séptima edición de Ciencia Singular, na que a Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela participarán o próximo sábado 25 de novembro. O CiTIUS, CiMUS, CiQUS e IGFAE abrirán a suas portas e darán a coñecer os seus proxectos e investigacións a todos aqueles interesados na ciencia e a tecnoloxía. Haberá distintas actividades, obradoiros, charlas divulgativas e exhibicións de proxectos destinados a todo tipo de público.
Este será o programa coas diferentes actividades que desenvolverá o CiTIUS.
Visita guiada
Os investigadores do CiTIUS realizarán unha visita guiada polas distintas temáticas a tratar nesta xornada que serán as seguintes:
- Transforma a túa voz con intelixencia artificial
- Do invisible ao tanxible: interactuando con moléculas en realidade virtual
- Aprendendo aos robots o sentido do tacto
- A intelixencia artificial aprende o galego
- Tecnoloxías intelixentes de detección e seguimento de obxectos
- Microchips que aprenden e toman decisións
Conferencias divulgativas
Ao longo do día, diferentes expertos falarán dos seguintes temas relacionados co ámbito da tecnoloxía:
- 11.10 horas. "As intelixencias artificiais: dende Chat GPT ata como transformar a túa propia voz", charla presidida por Francisco Javier Cardama.
- 13.10 horas. "Como late un corazón con arritmia?", charla presidida por Marta Núñez.
- 17.10 horas. "Pode a tecnoloxía entender as miñas emocións?", charla presidida por Nelly Condori.
- 19.10 horas. "Predecindo a enfermedade en persoas sas", charla presidida por Paulo Félix.
Para os máis pequenos
En canto aos nenos, haberá diferentes actividades dedicadas especialmente para eles:
- "Aventura científica máxica: xoga cos diminutos bloques de construcción da realidade (...virtual)"
- "Un robot para cada misión: ¡Descubre as súas diferencias!"
- "Obradoiros tecnolóxicos: programación de videoxogos, deseño e impresión 3D, electrónica e programación de robots"
- "Xogando coa intelixencia virtual usando os meus sentidos"
Evento presencial
/events/event-singular-science-2023
events_gl