
‘Achégate ao CiTIUS’: Xornada de Portas Abertas dirixida ao alumnado de grao e máster da USC
O CiTIUS celebra o vindeiro xoves 27 de abril unha xornada integramente dedicada a estudantes de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela.
Interésanche a Intelixencia Artificial e as Tecnoloxías Intelixentes? O CiTIUS convida ao alumnado da Universidade de Santiago a coñecer a súa investigación, ao longo dunha xornada única. ¡Aproveita esta oportunidade para explorar de primeira man o traballo innovador do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, e coñece a algúns dos investigadores máis destacados nas súas respectivas áreas científicas.
Esperámosvos no noso centro o vindeiro xoves, 27 de abril, entre as 12:00 e as 13:30. Achégate ao CiTIUS e descubre as distintas demostracións que temos preparadas para ti!
A visita comezará coa benvida do director científico do centro, Senén Barro, quen fará unha breve introdución do labor científico que se está a desenvolver no centro de investigación de referencia en Galicia no ámbito da Intelixencia Artificial.
A continuación, teredes ocasión de coñecer tres liñas de investigación de máxima actualidade:
- Enxeñería e ciencia de datos en contornas científicas e industriais.
- Retos da Intelixencia Artificial fiable
- Procesamento hiperespectral para a análise de imaxe aérea e satelital.
Mais iso non será todo! Tamén poderás visitar os nosos laboratorios e infraestrututuras, entre as que figuran o Laboratorio de Robótica, o Laboratorio de Microelectrónica e o fascinante Laboratorio de Realidades Intanxibles (Realidade Virtual).
Non deixes pasar esta oportunidade de mergullarte no apaixonante mundo da investigación e a tecnoloxía no CiTIUS! Unha visita creada en exclusiva para o estudantado de grao e máster, na que podes inscribirte xa en menos dun minuto. Esperámoste no CiTIUS o xoves 27 de abril ás 12:00!
(Entrada libre ata completar aforo - 70 persoas)
Evento presencial
/events/get-closer-to-citius-open-day-for-usc-undergraduate-and-masters-degree-students-2023
events_gl