
Curso práctico: 'Deseño de circuítos impresos para radiofrecuencia, instrumentación e probas'
A Cátedra USC-Televés en Microelectrónica, liderada polo CiTIUS, pon en marcha o seu apartado de formación cun curso práctico centrado no deseño de circuítos impresos (PCB) para aplicacións en radiofrecuencia (RF). Trátase dunha actividade orientada á aprendizaxe práctica, cun enfoque integral que abrangue desde os fundamentos teóricos ata técnicas reais de deseño, instrumentación e probas con equipamento especializado.
O curso está dirixido a estudantes, profesionais e persoas entusiastas da enxeñaría electrónica, telecomunicacións ou deseño de hardware que desexen iniciarse no mundo da radiofrecuencia.
Metodoloxía
- Formato presencial, en 3 sesións de 4 horas cada unha
- Exercicios prácticos con programas de deseño e simulación de PCB
- Introdución práctica ao manexo de instrumentación de RF (aconséllase traer portátil con KiCAD instalado)
Duración: 12 horas lectivas (curso base + ampliación)
Prezo: Actividade gratuíta financiada ao 100% pola Cátedra USC-Televés
Prazas: 15 persoas (por orde de inscrición)
Inscricións e contacto: catedra.chip.televes@usc.es
Evento presencial
/events/hands-on-course-printed-circuit-board-design-for-rf-instrumentation-and-testing-usc-televes-chair-in-microelectronics
events_gl