«Inside the Lab»: II Xornadas de Demostración Tecnolóxica

Inside the Lab é unha xornada de novas oportunidades abertas ó mundo da empresa e á Administración sustentadas na visualización do talento e a exploración de novos desafíos, no marco duns resultados científicos que emerxen como os mellores na vangarda tecnolóxica a nivel mundial.

O obxectivo fundamental destas xornadas é presentar algunhas das solucións de alta calidade que actualmente nutren a oferta tecnolóxica do centro, con numerosas aplicacións en múltiples ámbitos da actividade industrial.

Unha oportunidade para demostrar a nosa capacidade de transformar resultados científicos en tecnoloxías innovadoras. Sen complexos.

Máis información na páxina web do evento ou no correo electrónico citius.idi@usc.es