«Inside the Lab»: III Xornadas de Demostración Tecnolóxica

Un ano máis, a xornada de demostración tecnolóxica Inside the Labbrinda aos científicos a oportunidade de demostrar a súa capacidade de transformar resultados de investigación en tecnoloxías innovadoras, ao máis alto nivel internacional.

Ao longo da mañá (10:00-14:00) presentaranse algunhas das solucións desenvolvidas no centro, con aplicación en múltiples ámbitos da industria e a sociedade. A xornada contará tamén coa presenza de dúas spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS: Situm, que centra a súa actividade nas tecnoloxías de geoposicionamiento en interiores e Imagames, orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversos dominios como a formación de empregados e estudantes ou o márketing dixital.

Os interesados en participar no encontro deberán formalizar a súa inscrición na web oficial do evento antes do xoves 13 de xullo.