Inside the Lab IX: Xornada de Demostración Tecnolóxica do CiTIUS

Volve Inside the Lab, a xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS ante o mundo da empresa e da administración.

Ao longo desta xornada (dirixida principalmente a empresas e outras organizacións) atoparás unha selección de tecnoloxías en avanzado estado de desenvolvemento, listas para ser transferidas á industria e á sociedade.

O evento celebrarase nas instalacións do centro de forma presencial en Santiago de Compostela o próximo venres 4 de xullo de 2025 entre as 10:00 e as 14:00 e require inscrición previa, que estará aberta ata o 3 de xullo. A visita completa ten unha duración aproximada de duas horas e pódese realizar en horario libre dentro do período de apertura.

Atopa información sobre os demostradores na páxina oficial da xornada.

Inscríbete_aqui.png