
Ciclo de conferencias 'Investigadoras de prestixio' | María A. Zuluaga: 'Avanzando a investigación en saúde e a práctica clínica a través dunha intelixencia artificial confiable'
A confianza é crucial no desenvolvemento e a implementación de sistemas de intelixencia artificial. Nesta charla, María A. Zuluaga explorará diversas vías para establecer confianza nos sistemas de IA, centrándose en catro aspectos clave: robustez, estimación da incerteza, control de calidade e explicabilidade. A robustez contribúe a xerar confianza mediante o desenvolvemento de técnicas que permiten xestionar a variabilidade nas entradas dun modelo. Pola súa banda, a estimación da incerteza, o control de calidade e a explicabilidade fortalecen a confianza ao analizar o comportamento do modelo a partir das súas saídas. Tras presentar estes catro aspectos, mostrará parte do traballo do seu equipo orientado a crear métodos e sistemas de IA confiables, especificamente deseñados para a investigación en saúde e a práctica clínica.
A conferencia está dirixida a un público xeral con coñecemento básico en ciencias da computación e intelixencia artificial.
Sobre a relatora
María A. Zuluaga é profesora titular en EURECOM e ocupa unha posición afiliada na School of Biomedical Engineering & Imaging Sciences do King's College London. É doutora en Procesamento de Sinais e Imaxes pola Université de Lyon, Francia. No seu equipo de investigación, céntrase no desenvolvemento de novos métodos de aprendizaxe automática aplicados a datos multimodales que poidan utilizarse de forma segura para avanzar na investigación médica e mellorar a práctica clínica. Desde o punto de vista das aplicacións, o seu traballo busca responder a preguntas nos ámbitos da imaxe neurovascular, cardiovascular e a investigación en cancro. En 2024 foi galardoada cunha ERC Consolidator Grant.
Evento presencial
/events/lecture-advancing-healthcare-research-and-clinical-practice-through-trustworthy-ai
events_gl