Conferencia: 'Intelixencia Artificial como compoñente fundamental e diferenciadora nas aplicacións de software para química, bioquímica e bioloxía'

A intelixencia artificial xoga un papel fundamental na aceleración da investigación e desenvolvemento de novos compostos e entidades nas industrias farmacéutica, biotecnolóxica, química e de alimentación. Descobre nesta charla algunhas das súas aplicacións, con exemplos prácticos, así como o seu impacto na cadea de valor responsable de desenvolver solucións aos nosos problemas de saúde, alimentación, enerxéticos e ambientais.

Na charla daranse a coñecer algúns dos proxectos de IA que se están levando a cabo en Mestrelab Research, empresa de software científico lider mundial do sector e que se orixinou como spin-off da USC. Mestrelab está situada en Santiago de Compostela, e entre outros proxectos, está a poñer en marcha o Centro de Investigación Mestrelab, para o deseño de novas ferramentas dixitais de alto valor engadido, para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico en Galicia.