Obradoiro de Robótica

O CiTIUS acollerá o próximo xoves 19 ás 18:00 da tarde un obradoiro de robótica organizado en colaboración co Google Developers Group de Santiago de Compostela. No obradoiro, que terá un carácter eminentemente práctico, trataranse temas tan diversos como o deseño e construción de UAVs, a impresión 3D, ou o xeoposicionamento en interiores.

O obradoiro comezará cunha presentación do laboratorio de robótica do CiTIUS e cunha demostración do software de xeoposicionamento en interiores desenvolvido pola súa spin-off SiTUM.

Posteriormente, no propio salón de actos do CiTIUS, terán lugar as seguintes intervencións:

  • Breogán González que contará como construír un cuadricóptero en tecnoloxía de fibra de carbono,

  • Ricardo Pérez, que explicará os pasos que se deben seguir para poder construír unha impresora 3D,

  • Rafael Couto, explicando como construír un sinxelo robot capaz de imitar o comportamento do "escarnabois",

  • Manuel Guimaray, que amosará como se pode controlar un sistema de rego a través de ChromeApp

A participación no evento estará aberta ao público ata completar o aforo. É necesario inscribirse no seguinte formulario.