
Defensa de tese: 'Computación heteroxénea portable en sistemas HPC distribuídos'
O hardware heteroxéneo foi adoptado a todas as escalas dos sistemas de cómputo para satisfacer as altas e específicas demandas das aplicacións actuais. Dada a diversidade de aceleradores, os modelos de programación multiplataforma como SYCL xurdiron para ofrecer unha capa de abstracción unificada. Esta tese aborda o desenvolvemento de aplicacións heteroxéneas portables usando a implementación de SYCL de Intel, Intel oneAPI, avaliando o seu rendemento en sistemas HPC distribuídos. Para isto, desenvolveuse un microbenchmark que resolve problemas iterativos, aplicando balanceo dinámico da carga e considerando configuracións CPU+GPU e CPU+FPGA. Ademais, examinouse o grao de automatización de SYCLomatic para a migración de CUDA a SYCL, analizando a portabilidade do rendemento do código nativo e do migrado.
- Supervisores: David L. Vilariño e Francisco F. Rivera
Evento presencial
/events/phd-defense-portable-heterogeneous-computing-on-distributed-hpc-systems
events_gl