Defensa de Tese: 'Proceso a texto: Un marco para a xeración automática de descripcións de procesos en linguaxe natural'

Presentar e comprender eficazmente os procesos é unha tarea ardua. Esta tese presenta distintas solucións para comunicar o coñecemento dos procesos mediante linguaxe natural. Propoñemos unha taxonomía de descripcións de procesos relevantes basada nun modelo protoforma difuso, validado por expertos médicos. Presentamos o marco Process-to-Text, basado na arquitectura Data- To-Text, que aproveita as técnicas de minaría de procesos nun sistema basado en ontoloxías que utiliza lóxica difusa, para a xeración de descripcións de procesos precisas e conscientes do contexto. Ademais, presentamos C-4PM, un axente conversacional para a minaría declarativa de procesos, que mellora a interacción e a inferencia de coñecementos a través da linguaxe natural. Este traballo supón un paso adiante para que a minaría de procesos sea accesible e comprensible para un público máis amplo.

Directores: Alberto Bugarín Diz e Manuel Lama Penín