Presentación da 2ª convocatoria de Galicia Open Future

Esta iniciativa, impulsada por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, ofrécelles a 50 proxectos empresariais innovadores a posibilidade de evolucionar a súa idea ao longo dos seis meses que durará esta segunda edición (setembro 2015 a febreiro 2016). O prazo de inscrición está aberto até o vindeiro 15 de xullo.

Durante a presentación poderemos coñecer máis detalles do programa e algunhas das conclusións da I Edición.