
Presentación: «Galicia Open Future»
O Director de Telefónica en Galicia presentará o vindeiro mércores no CiTIUS a rede «Galicia Open Future», unha iniciativa conxunta da compañía tecnolóxica e a Xunta de Galicia para potenciar o emprendemento innovador na Comunidade. Ó longo da súa intervención, Manuel Ángel Alonso debullará os detalles da convocatoria que foi presentada o pasado 12 de maio na Cidade da Cultura, o lugar que albergará o novo Centro de CrowdWorking*.*
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 15 de xuño, a través da dirección http://galicia.openfuture.org/. As empresas e profesionais interesados en incorporarse a «Galicia Open Future» poden presentar as súas candidaturas cumprimentando o formulario de inscrición; o proceso de selección rematará a mediados de xullo, e o Centro de Crowdworking estará operativo despois do verán.
O programa é semestral, prorrogable en períodos de 3 meses e unha vez finalizada esta etapa seleccionaranse os tres mellores proxectos de cada convocatoria. O obxectivo é que nunha segunda fase o centro se converta nunha aceleradora de proxectos no ámbito TIC, inspirada na experiencia de apoio a emprendedores e startups tecnolóxicas en Europa e América Latina. Ademáis, todo o conxunto de actividades estará aberto á colaboración constante con universidades, viveiros e incubadoras de empresas, asi como colexios e asociacións profesionais. A disposición en rede dos espazos de crowdworking da «Open Future», e o acceso á plataforma online «Openfuture.org», permitirá que se conecten entre si milleiros de emprendedores.
Evento presencial
/events/presentacion-galicia-open-future
events_gl