Ciclo de conferencias 'Investigadoras de prestixio' I Elena Rodríguez-Vieitez: 'Biomarcadores de neuroimaxen e fluidos con valor pronóstico no envellecemento e as demencias hereditarias'

Detectar as primeiras fases das enfermidades neurodexenerativas segue sendo un reto complexo. Aínda que a investigación sobre a enfermidade de Alzheimer tense centrado principalmente na detección da acumulación de proteínas amiloides e tau no cerebro, é preciso comprender mellor a patoloxía cerebral e os mecanismos periféricos. Nesta charla, presentarei achados recentes utilizando resonancia magnética multimodal lonxitudinal, imaxes ponderadas por difusión e imaxes PET combinadas con biomarcadores de fluídos, no envellecemento e en formas hereditarias da enfermidade de Alzheimer e a demencia frontotemporal. A nosa esperanza é desenvolver biomarcadores precisos que predigan a deterioración cognitiva e a progresión clínica desde fases preclínicas moi temperás da enfermidade cerebral, cun potencial prometedor para o seu uso na clínica.

Sobre Elena Rodríguez-Vieitez

Elena Rodríguez-Vieitez é investigadora en neurociencia e doutora en imaxe médica no Instituto Karolinska de Estocolmo, Suecia. Investiga a imaxe multimodal MRI-PET para comprender a dinámica da agregación de proteínas no cerebro, a neuroinflamación e a estructura cerebral nas enfermidades neurodexenerativas. É licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, España, e doutora en Enxeñería Nuclear pola Universidade de California en Berkeley, Estados Unidos.