Programa de Formación: «Obradoiro de presentacións eficientes»

As presentacións son unha ferramenta cada vez máis común entre o alumnado universitario. Aínda así, é habitual atopar pantallas que resultan un atranco para o apoio do discurso oral.

Nunha contorna onde priman os recursos visuais, esta actividade formativa pretende dar a coñecer as bases para a creación de presentacións de calidade que faciliten unha óptima transmisión do coñecemento científico.

CONTIDOS

Coñecer a utilidade de traballar cos modelos da USC. Cómo facer unha presentación decente en 15 minutos

Deseño: imaxes, cores e contrastes

Crear textos axeitados para as diapositivas: menos é máis