
Relatorio: «Desenvolvemento profesional con TDD e outras prácticas de Extreme Programming»
Para conseguir produtos de calidade profesional precísanse métodos de traballo profesionais. A finais dos 90, Kent Beck e Ward Cunningham publicaron o método XP. Unha composición de valores, principios e prácticas de enxeñería. Algunhas como TDD (inicialmente chamada Test-first) xa foran empregadas con éxito pola NASA décadas antes. Hoxe en día as prácticas de XP empréganse en empresas e proxectos de éxito en todo o mundo. Nesta sesión veremos por que, para que e como se practican.
Carlos é autor do primeiro libro en español sobre Test Driven Development. Titulado en Enxeñería Técnica en Informática pola Universidad de La Laguna, Carlos é tamén relator, consultor e desenvolvedor vocacional, con máis de 12 anos de experiencia.
A visita de Carlos Blé a Santiago incluirá un dos seus cursos de formación, cos que adestra programadores por toda Europa; tratarase dun seminario intensivo centrado en TTD, e terá lugar ao longo do próximo mércores 19 de febreiro. Asemade, neste curso están contemplados descontos do 50% para estudantes, que nalgúns casos poden chegar ata o 100%.
Toda a información sobre estas condicións especiais, así como o formulario para realizar a inscrición ao curso, están dispoñibles na seguinte ligazón: http://www.carlosble.com/training/tdd/es/santiago.html#descuentos.
Evento presencial
/events/relatorio-desenvolvemento-profesional-con-tdd-e-outras-practicas-de-extreme-programming
events_gl