
Reunión da Comisión Científica Externa
A Comisión Científica Externa do CiTIUS reúnese para avaliar actividade do centro durante o ano pasado e parte deste. Os membros da comisión visitarán as novas instalacións ubicadas na rúa Jenaro de la Fuente Domínguez, e estudarán a Memoria de Actividades 2011 e o cumprimento do Plan Estratéxico 2011-2013. Durante a súa visita tamén se entrevistarán cun investigador principal e outro en formación para coñecer o seu traballo, e finalizarán a xornada presentando as súas conclusións ante o persoal do centro.
Evento presencial
/events/reunion-da-comision-cientifica-externa
events_gl