Curso de Verán: 'Intelixencia artificial e medicina personalizada e de precisión: a medicina con nome e apelidos'

O Curso de Verán está organizado pola Cátedra USC-Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión (CAME&IA). Este curso conta con cofinanciación da Secretaría de Estado de Digitalización e Intelixencia Artificial (Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública) e da Unión Europea con fondos NextGenerationEU, no proxecto Cátedras ENIA (Orde ETD/1180/2022, do 25 de novembro) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo.

Este curso profundará na aplicación da intelixencia artificial na medicina personalizada e de precisión. Explorará como estas tecnoloxías están transformando a atención médica, desde diagnósticos máis precisos ata terapias adaptadas ás características de cada paciente. Ademais, abordará os desafíos éticos, legais, sociais e económicos do uso da IA na saúde.

O programa abarca unha ampla gama de temas relacionados coa intelixencia artificial aplicada á medicina personalizada de precisión, incluíndo:

  • Fundamentos da intelixencia artificial e sistemas baseados en coñecemento.
  • Limitacións e riscos inherentes á IA.
  • Medicina personalizada e de precisión (MPP), incluíndo deseño de fármacos e terapias personalizadas.
  • Uso da IA para optimizar o tratamento de pacientes con cancro.
  • Necesidades dos profesionais sanitarios na era da IA.
  • Mesa redonda sobre a implementación práctica da IA na clínica.

Reconocimiento académico

  • O curso ten unha duración de 28 horas lectivas e outorga 2 créditos ECTS.
  • Toda persoa inscrita que cumpra coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso recibirá un diploma acreditativo no que constará o seu nome completo, número de identificación, título do curso, datas e número de horas lectivas.

Organización

  • Dirección
    • Senén Barro Ameneiro
    • José Manuel Chao Ardao
  • Secretaría
    • María José Carreira Nouche

Inscricións

  • Prazo limitado a 150 alumnos.
  • Prazo aberto ata o 4 de xullo.

Acceso ao formulario de inscrición

Sobre a Cátedra

A cátedra USC-Plexus de IA en Medicina Personalizada de Precisión (CAME&IA) nace co propósito de impulsar a transformación do sistema de saúde a través da integración de tecnoloxías intelixentes, a análise de grandes volumes de datos e a aplicación da intelixencia artificial. O seu obxectivo é acelerar o desenvolvemento da MPP en España, fomentando a formación de profesionais da saúde no uso ético e responsable destas ferramentas, promovendo a investigación, a innovación e a colaboración público-privada a nivel nacional e internacional. Comprometida con principios éticos, socioeconómicos, culturais e de xénero, a Cátedra busca non só mellorar a calidade de vida das persoas, senón tamén sensibilizar á sociedade sobre a importancia dun enfoque de saúde personalizado, sostible e baseado no coñecemento científico máis avanzado.