
Xornada de promoción de consorcios
A plataforma tecnolóxica das TIC, Vindeira, organiza a Xornada de Promoción de Consorcios coa misión de fomentar o agrupamento de entidades cun obxectivo común. Presentará catro propostas de proxecto dentro do ámbito da Axenda Estratéxica de I+D+i, que comparte co Clúster TIC Galicia: Aula Internacional Interconectada, Aldea Dixital, Comercio do Futuro e Fidelización do Turista. O evento estrutúrase arredor destas catro liñas de traballo, sobre as que empresas e grupos de I+D intercambiarán ideas e experiencias.
Evento presencial
/events/xornada-de-promocion-de-consorcios
events_gl