
Xornada HTML5
A xornada repasará a evolución dos estándares web desde os seus comezos ata o HTML5 actual. Abordará as novidades que o HTML5 achega e as facilidades que ofrece aos desenvolvedores de solucións web. Nela trataranse outros temas como a nova orientación semántica da linguaxe, as novas características multimedia, xeolocalización, almacenamento persistente de datos en local e, a que quizais sexa a novidade máis interesante, Canvas.
Por último, comentaranse as posibilidades de combinar HTML5 con outras tecnoloxías e estándar web, como a nova especificación de follas de estilo CSS3, para a realización de webs, aplicacións e xogos.
Evento presencial
/events/xornada-html5
events_gl