Oferta de traballo: Investigador/a posdoutoral para unirse ao Proxecto Europeo 'DATAlife'

Buscamos Investigador/a Postdoutoral para incorporar ao proxecto europeo 'DATAlife', destinado a implementar tecnoloxías disruptivas para aumentar a competitividade das empresas e a administración pública.

Referencia da praza: 2021-PI124

Tipo de contrato

27 meses.

Traballo a realizar

Desenvolvemento de probas de concepto en base a resultados previos de investigación no ámbito da Intelixencia Artificial para a súa aplicación en contornas reais dos sectores de interese da iniciativa EDIH Datalife. Análise de requisitos, Deseño e desenvolvemento de probas de concepto, Elaboración de informes técnicos, Formación técnica.

Xornada laboral

Tempo completo (35.0 horas semanais) 9:00-14:00 e 16:00 – 18:00

Salario bruto

2.198,27€ (14 payments)

Data de inicio prevista

01/10/2023 (Data estimada)

Méritos a valorar

  • Doutoramento en Ciencias da Computación ou disciplinas afíns: 20 puntos
  • Inglés, nivel B2 ou equivalente (5 puntos); nivel C1 ou equivalente (10 puntos)
  • Experiencia laboral acreditable no deseño e aplicación de algoritmos de aprendizaxe automática, programación paralela, análise de datos, linguaxes de programación de software científico, ferramentas de desenvolvemento de software como Git: 20 puntos
  • Publicacións científicas no ámbito das ciencias da computación ou disciplinas afíns: 25 puntos
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ás persoas candidatas con maior puntación que na suma do resto dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos: 25 puntos

Presentación de solicitudes

5 días hábiles: Dende as 00:00 do martes 19 de setembro ata as 23:59 do luns 25 de setembro.

Consulta a web oficial con todos os detalles da convocatoria.