Senén Barro presenta o CiTIUS no 20° aniversario do foro ‘Future Trends’

O director científico do CiTIUS introduciu hoxe algunhas das liñas de investigación do centro con potencial aplicacíon no eido da neurotecnoloxía, como relator convidado do laboratorio de ideas da Fundación Innovación Bankinter.

«Hoxe só mencionarei tres; pero, dunha forma ou outra, todas as liñas de investigación do CiTIUS teñen unha potencial aplicación na neurotecnoloxía». Con estas palabras comezaba hoxe Senén Barro a súa intervención no foro 'Our future selves: from repairing to enhacing human capabilities, un encontro organizado no marco de 'Future Trends', un laboratorio de ideas (ou 'Think Tank') promovido pola Fundación Innovación Bankinter, que en 2023 celebra a súa vixésima edición.

Ao longo da súa intervención neste encontro, enmarcada nun panel titulado 'Entidades de Intelixencia artificial e Neurociencia', o máximo responsable do CiTIUS compartiu cartel con Vikto r Jirsa, director científico de EBRAINS : unha nova infraestrutura dixital de investigación financiada pola Unión Europea a través do Proxecto Cerebro Humano, que reúne unha ampla gama de datos e ferramentas para a investigación relacionada co cerebro.

Tras unha breve introdución sobre o centro e o seu persoal, Senén Barro debullou algúns dos resultados recentes do CiTIUS. En primeiro lugar, destacou as achegas recentes na área do deseño de chips intelixentes: «un dos principais resultados da nosa área científica relacionada co deseño electrónico de dispositivos intelixentes é o desenvolvemento dun recolector de enerxía luminosa biocompatible e totalmente autónomo», indicou. «Partindo dunha cantidade ínfima de enerxía -que podería proporcionar o propio organismo- podemos amplificarla para alimentar outros chips -como sensores- en calquera parte do corpo, incluído o cerebro» Tamén na área de deseño de chips citou a participación do centro no proxecto MISEL., «cuxo obxectivo é levar a intelixencia artificial ao propio hardware» (*edge computing), «*e conseguir un sistema de visión autónomo e bioinspirado, optimizado tanto en tamaño com en peso ou consumo». Un proxecto que abre o camiño a unha nova xeración de dispositivos «potencialmente implantables, mesmo no cerebro».

Así mesmo, o director científico citou tamén o traballo desenvolvido no Laboratorio de R ealidades Intangibles do CiTIUS, implicado en como pode utilizarse a Realidade Virtual multi-persoa en contribucións a campos como a simulación científica, a visualización de datos ou a educación. «Un dos resultados máis recentes e interesantes demostra que a RV pode producir efectos perceptivos comparables aos das drogas psicodélicas, sen os seus riscos asociados», engadiu.

Finalmente, Senén Barro aludiu á liña de investigación centrada no paradigma de Aprendizaxe Federada: «aplicamos esta técnica para detectar automaticamente a actividade física dunha persoa, simplemente utilizando os sensores inerciales do seu smartphone», afirmou. «Pero tamén é posible, por exemplo. diagnosticar as primeiras fases da enfermidade de Alzheimer/Alzheimer a partir dos patróns de movemento durante a nosa vida cotiá, ou diagnosticar a enfermidade de Parkinson a partir dos patróns de escritura nos teclados dos dispositivos persoais, cando a enfermidade empeza a aparecer». O director do centro fixo fincapé nun dos asuntos clave, a privacidade da información: «unha das características da Aprendizaxe Federada é que os datos que se obteñen de cada dispositivo só se utilizan para aprender un modelo local, que será o que posteriormente se utilice no marco dun modelo global». «A principal vantaxe de iso», indicou, é que «este modelo global ofrece mellores resultados de saída que os modelos locais e, ao mesmo tempo, é capaz de preservar a privacidade dos usuarios, porque os datos que serven para crear o modelo exportado nunca chegan a saír dos dispositivos, respectando así a intimidade das persoas». «Sen dúbida, as posibilidades das neurotecnoloxías e a IA son enormes, e aínda están por descubrir e desenvolver», concluíu.

Future Trends Forum: dúas décadas reflexionando sobre o futuro

Coa presente edición, o Future Trends Forum (FTF) da Fundación Innovación Bankinter cumpre 20 anos reunindo a prestixiosos expertos, que profundan nas fronteiras do coñecemento innovador. Trátase dun laboratorio de ideas (tamén coñecido polo anglicismo "Thinl tank") un **grupo de expertos, **referentes internacionais nos seus campos, **que reflexionan ou investigan sobre asuntos de relevancia **para analizar as tendencias que definirán o futuro, cun claro propósito: anticipar e compartir o coñecemento que permita transformar a sociedade a través da innovación.