Curso de verán "Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais"

O Proxecto Nós, integrado pola Xunta de Galicia, o ILG e o CiTIUS, organiza o curso de verán titulado "Tecnoloxías da Linguaxe: as linguas na sociedade e economía dixitais"

O curso terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, en formato 100% presencial, entre os días 12 e 15 de xullo. O prazo de inscrición é ata o 1 de xullo.

Co obxectivo de divulgar as múltiples oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da linguaxe, este Curso de Verano tratará de maneira divulgativa e accesible as múltiples posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da linguaxe e a intelixencia artificial para a creación de aplicacións e servizos de uso cotián baseados nas linguas. Tamén se presentarán os fundamentos científicos da intelixencia artificial e as tecnoloxías lingüísticas, xunto coas bases tecnolóxicas das aplicacións e os recursos que lle dan valor. As presentacións faranse de unha maneira accesible, atractiva e tamén práctica, resaltando este último compoñente práctico ao realizar talleres para a creación dalgúns destes recursos. Presentaranse tamén algunhas das diversas iniciativas existentes a todos os niveis (gobernamental, académico e empresarial), que inciden no interese que ten para todas as linguas a súa presenza na sociedade, na economía, e, por tanto, no mundo dixital. Algúns exemplos representativos son o Proxecto Nós para o galego, o Projecte AINA para o catalán, o plan Gaitu para o euskera, o PERTE en español: nova economía da lingua para o español e as restantes linguas cooficiais do Estado, ou iniciativas europeas como os proxectos European Language Equality ou CLARIAH.

O obxectivo principal do curso é difundir as múltiples posibilidades que actualmente ofertan a intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe natural para a creación de aplicacións e servizos de uso cotián como son os sistemas de sínteses e recoñecemento de voz, tradución automática ou os asistentes virtuais, entre outros. Contaremos con grandes expertos e expertas que presentarán os fundamentos científicos da intelixencia artificial e as tecnoloxías lingüísticas, xunto coas bases tecnolóxicas das aplicacións e os recursos que lle dan valor. O programa do curso inclúe charlas, mesas redondas e talleres cun enfoque práctico e aplicado.

Esta actividade está dirixida a todo o público en xeral, e especialmente ás persoas interesadas nas aplicacións e servizos da intelixencia artificial e as tecnoloxías da linguaxe. De forma non exclusiva, estudantes de secundaria, universitarias/os (dos ámbitos tecnolóxicos, humanísticos e ciencias sociais) e persoas que na súa actividade profesional utilizan ferramentas baseadas nas tecnoloxías da linguaxe.

Máis información e matrícula na Web do Curso.