Entusiásmanos a investigación, o traballo en equipo e a colaboración. O CiTIUS ofrece unha contorna científica estimulante, cun equipo interdisciplinar e internacional.
Un ecosistemas único
Apostamos polo talento e o desenvolvemento persoal e profesional do noso equipo, cun programa de formación propio.
Estamos no Campus Vida, unha contorna científica de alto nivel, con catro centros singulares de investigación ( CiQUS, CiMUS, IGFAE e CiTIUS).
Temos equipamento e infraestruturas de vangarda. Ademais, o CESGA, o segundo centro de supercomputación de España está situado no propio Campus.
Contamos cun equipo de apoio á investigación propio con ampla experiencia profesional.
Fomentamos o espírito de equipo no día a día, organizamos xornadas de lecer como o día do CiTIUS e temos un programa de benvida para os novos investigadores.
Temos un plan de benvida para facilitar todos os trámites relativos á incorporación e integración dos nosos investigadores á actividade do centro.
Organizamos diversas actividades de divulgación científica para escolares e a sociedade en xeral, nas que colabora todo o noso persoal.
Somos parte da Universidade de Santiago de Compostela, unha das 25 universidades europeas que atraen máis estudantes estranxeiros, e temos acceso a todas as súas instalacións e servizos.
Santiago de Compostela
Cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO e destino europeo do Camiño de Santiago
Un dos 100 mellores lugares do mundo Revista TIME, 2021
Unha universidade con máis de 500 anos de historia.
Máis de 5 millóns de metros cadrados de espazos verdes.