Comisión de formación e desenvolvemento profesional

Esta comisión xorde como parte do noso compromiso por proporcionar á mozidade investigadora unha formación integral que lles capacite para un desempeño científico e profesional do maior nivel.

Os nosos obxectivos

Esta comisión ten dous obxectivos principais:

  • Planificar a actividade formativa do CiTIUS, incluíndo o deseño do seu Plan de Formación bienal.
  • Orientación profesional ao persoal investigador en formación do CiTIUS no desenvolvemento da súa carreira formativa e profesional.

A comisión inclúe a persoal do centro que representa todas as categorías profesionais do centro:

  • Tomás Fernández Pena, investigador vinculado e coordinador da Comisión e do Programa de doutoramento
  • David Chaves, investigador vinculado
  • Marta Núñez García, investigadora posdoutoral Ramón y Cajal
  • María Regueira Muñiz, técnica da unidade de xestión do coñecemento e a transferencia
  • Félix Díaz Hermida, técnico da unidade de xestión do coñecemento e a transferencia
  • Pilar Martínez Carou, técnica da unidade de planificación estratéxica e apoio á dirección
  • Samuel Soutullo Sobral, investigador predoutoral
  • Carolina Pavez Higueras, investigadora predoutoral
  • Abraham Trashorras Rivas, investigador predoutoral