Ainhoa Vivel Couso

En 2021 fun unha das beneficiarias das Bolsas de Verán do CiTIUS, onde me iniciei á investigación en Tecnoloxías da Linguaxe Natural. En 2022 formei parte do Proxecto Nós para a creación de recursos lingüísticos textuais para o galego para a súa integración en ferramientas de procesamento da linguaxe natural (NLP). En 2023 fun a gañadora do IV Edición Altia Premia polo meu TFG. Este consistiu na xeración automática de descricións en linguaxe natural para xustificar a idade cronolóxica estimada por un método baseado en aprendizaxe profunda. 

Actualmente estou contratada no centro como Investigadora Colaboradora. Participo nos proxectos REPROHUM e DeepR3. Principalmente realizo tarefas relacionadas có estudo da reproducibilidade das avaliacións humanas no procesamento da linguaxe natural e a investigación de métodos eficientes para extender, reutilizar e adaptar modelos lingüísticos previamente entrenados para explotalos en novos dominios, xéneros e idiomas para aplicarlos a diferentes casos de uso.