Álvaro Goldar Dieste

Obtiven un Grao en Enxeñería Informática e un Máster en Computación de Altas Prestacións en 2021 e 2022, respectivamente, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Considérome unha persoa moi curiosa e capaz de afrontar retos, polo que me embarquei no Doutoramento en Tecnoloxías da Información da mesma universidade, para poder seguir aprendendo á vez que desenvolvo a miña carreira investigadora.

Dentro do CiTIUS, a miña investigación xira en torno ao procesamento de imaxes de teledetección, como as imaxes multi e hiperespectrais, que poden ser capturadas por satélites, UAVs etc. Concretamente, desenvolvemento de técnicas de visión por computador baseadas en deep learning para extraer e aplicar a gran cantidade de información deste tipo de imaxes, e resolver así diferentes problemas de clasificación e regresión. Por exemplo, algunhas aplicacións prácticas son a categorización das diferentes especies vexetais observables en vistas aéreas de rexións naturais, que resultarían indistinguibles co ollo humano, ou a estimación de diferentes índices ecolóxicos (biomasa, diversidade etc.).