Carolina Pavez Higueras

Obtiven o grao en Enxeñería Biomédica en 2023 pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV), onde tamén completei o máster en Enxeñería Biomédica en 2024. No meu traballo de fin de máster centreime na equidade dos algoritmos de toma de decisións no ámbito sanitario, explorando como os nesgos poden afectar o rendemento preditivo en distintos grupos de pacientes.

Actualmente, son estudante de doutoramento no CiTIUS e o meu traballo céntrase na avaliación e mitigación do nesgo algorítmico en modelos de predición clínica, así como no desenvolvemento de técnicas de explicabilidad adaptadas á práctica médica. A miña tese busca promover a equidade, a transparencia e a confianza nos sistemas de intelixencia artificial aplicados á saúde.