David Mera Pérez

Son enxeñeiro en Informática pola universidade de Vigo (2007) e doutor cum laude en Informática pola Universidade de Santiago de Compostela (2013). Fun investigador postdoutoral Marie Curie na Universidade de Masaryk Brno, (República Checa) e desde o ano 2020 son Profesor Contratado Doutor na Escola Politécnica Superior da USC (Campus Terra).


Os meus intereses investigadores céntranse fundamentalmente na analítica e procesamento de grandes volumes de datos, así como na aplicación de algoritmos de Aprendizaxe Automática (principalmente redes neuronais) no campo da Industria. A miña investigación é eminentemente práctica e centrada na transferencia tecnolóxica, tendo como obxectivo a automatización real de sistemas e plantas industriais.