Jacobo Casas Ramos

Son graduado en Enxeñaría Informática e no Máster Interuniversitario en Tecnoloxías de Análisis de Datos Masivos: Big Data da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. Estiven traballando no CiTIUS dende 2018 en tareas de minería de procesos.

Actualmente estou traballando como investigador predoutoral no CiTIUS desenvolvendo algoritmos sofisticados para unha comprobación eficiente da conformidade baseada en aliñamentos. Estou sendo financiado pola axuda para contratos predoutorais de Formación de Profesorado Universitario (FPU) 2019, otorgada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.