Javier Fernández Lozano

Apaixonado da física fotovoltaica e dos semiconductores, sempre disposto a aprender algo novo. Actualmente curso un doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética, centrado na transmisión óptica inalámbrica de enerxía (que consiste, en poucas palabras, en enviar enerxía a un receptor fotovoltaico a través dun láser).

Licencieime en Física en 2017 e obtiven un máster en Física, especialidade en Materiais, en 2018. Montei a miña propia empresa, enfocada á conciliación e divulgación científica en colexios, centros sociais e centros de maiores, ata que chegou a pandemia. Logo, empecei un máster en Enerxías Renovables e pronto o cambiei polos meus estudos de doutoramento.

Fóra do traballo, se che gusta o hardcore punk, bota unha ollada ás datas das xiras da miña banda!