Javier López Fandiño
Obtiven o título de Graduado en Enxeñaría Informática no 2012, o Máster en Tecnoloxías da información no 2014, e o doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información no ano 2018, na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente son profesor axudante doutor do departamento de electrónica e computación, na área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.
As miñas liñas de investigación centranse no procesado eficiente en GPU de imaxes multidimensionais de sensado remoto. Especialmente, no relativo á súa clasificación mediante redes neuronais e á detección de cambios en conxuntos de datos multitemporais.
Persoal investigador colaborador
/team/javier-lopez-fandino
team_gl