Jorge Alberto Suárez Garea

Obtiven o título de Licenciado en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2014. No ano 2015 cursei un Máster en Computación de Altas Prestacións tamén na Universidade de Santiago de Compostela. Do 2015 ao 2021 fixen o doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información na Universidade de Santiago de Compostela. No 2022 estiven a facer un posdoutorato na Universidade Técnica de Berlín. Dende o 09/2022 son profesor Axudante Doutor na Universisade de Santiago de Compostela

As miñas liñas de investigación céntranse no campo da clasificación da cobertura terrestre mediante o uso de imaxes de teledetección. Dentro deste campo, cabe destacar o estudo da adaptación de dominios e técnicas de aprendizaxe activa combinadas co uso de deseños baseados en redes neuronais profundas.