Lara María Vázquez González

Obtiven o título de Grao en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2019. Posteriormente, finalicei o máster de Bioinformática e Bioestadística pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC) en 2020.

Actualmente, son investigadora predoutoral, realizando a miña tese na área de bioinformática. Concretamente, o meu traballo céntrase na aplicación de técnicas de aprendizaxe automático para axilizar e mellorar o diagnóstico de enfermidades microbianas.