Lorenzo Vaquero Otal

Obtiven o título de Grao en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2018. Posteriormente, en 2019 completei os meus estudos de Máster en Big Data pola mesma universidade. En 2023, doutoreime na USC, onde obtiven a máxima calificación e a mención Cum Laude.

Durante os meus anos no CiTIUS traballei en varios proxectos nacionais (Indra, Gradiant, BIGBISC, RAI4P). Ademais, colaborei como docente na USC (Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Matemáticas) e na UIMP (Máster en Investigación en Intelixencia Artificial), e organicei e participei en varias actividades de divulgación (ECAI, USC, CiTIUS, Marie Curie Actions, ...). Durante este período, tamén me certifiquei en Blockchain e Distributed Ledger Technologies (Consorcio DLT4ALL de Erasmus+) e obtiven o Premio Nacional ao Mellor Proxecto Universitario STEM en Sostibilidade (Fundación Renault).

Despois de obter o meu doutoramento, mudeime a Trento (Italia) para traballar como investigador asociado no grupo DVL da Fondazione Bruno Kessler (FBK). Aquí estiven colaborando en diferentes proxectos europeos e continuando a miña investigación no seguimento visual de obxectos en escenarios complexos e no recoñecemento de anomalías en vídeo. Gústame dedicar o meu tempo libre a desenvolver proxectos persoais relacionados coa robótica, o IoT e a informática en xeral.