Manuel Bendaña Gómez
Gradueime en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2022. Posteriormente, cursei o máster en Visión por Computador, coordinado polas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Porto.
Actualmente, estou a realizar o Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información, contratado grazas a unha axuda de Formación do Profesorado Universitario (FPU), concedida polo Ministerio de Educación. O meu traballo céntrase no ámbito da Visión por Computador, especialmente no seguimento de múltiples obxectos (MOT), así como en tarefas de detección e segmentación de obxectos.
Anteriormente, estiven vinculado ao CiTIUS durante unha das súas bolsas de verán en 2021, así como durante as Prácticas en Empresa e o TFG co que rematei os meus estudos de grao en 2022. No ano 2023, fun contratado mediante concurso público de méritos para a contratación de persoal investigador en iniciación no marco de actividades e programas de I+D+i ofertado pola USC, periodo no que tamén realicei as Prácticas en Empresa do máster e o TFM.
Persoal investigador predoutoral
/team/manuel-bendana-gomez
team_gl