Marta Núñez García

Actualmente son investigadora "Ramón y Cajal" no CiTIUS (USC). A miña investigación enfócase na análise de imaxe médica e na aprendizaxe automática aplicada a datos médicos.

Son enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade de Vigo, teño un Master en Visión por Computador e Intelixencia Artificial (Computer Vision Center, Barcelona) e un doutoramento en Procesado de Imaxe Medica pola Universitat Pompeu Fabra (Barcelona). A miña tese baseouse na parametrización da aurícula esquerda e na análise de datos multimodais no contexto da Fibrilación Auricular. De 2019 a 2023 traballei no IHU Liryc (L'Institut de Rythmologie et Modélisation Cardiaque, Bordeaux, France) e no Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique (INRIA, Bordeaux) onde obtiven unha INRIA Starting Research Position. Incorporeime ao CiTIUS como investigadora postdoutoral "María Zambrano" en 2023. 

Investigo o uso de técnicas de aprendizaxe automática e métodos clásicos de procesado de imaxe aplicado a imaxe cardíaca multimodal como MRI, LGE-MRI, CT, LIE-CT, etc. O meu principal interese en investigación é o desenvolvemento de modelos multimodais e estandarizados do corazón para a análise estatística de datos cardíacos. Tamén son IP do proxecto Hacia una cardiología asistida por aprendizaje automático seguro y clínicamente relevante (Línea de refuerzo de trayectorias emergentes, Proyectos de Excelencia, 2025).

Son co-IP do proxecto COLLAGE (COmprehensive mL-based anaLysis of fetAl Growth trajEctories), que ten por obxectivo desenvolver ferramentas de aprendizaxe automática seguras, xustas e explicables para a modelización do crecimento fetal baseada en ecografías, co fin de detectar de forma precisa e prenatal a bebés pequenos e vulnerables. O proxecto tamén pretende aumentar o impacto da aprendizaxe automática na mediciña, investigando formas de proporcionar aos médicos información fiable e significativa que realmente axude na toma de decisiones médicas.